Cabalgatas de Reis en Ponteceso e Corme
Hoxe, sábado dÃa 5, os pequechos do concello poderán desfrutar da visita das Súas Maxestades Máxicas, horas antes de que os Magos se introduzan con nocturnidade nas casas da veciñanza para deposita-los agasallos dos nenos que se portaron ben durante o ano. Segundo un comunicado emitido hoxe polo Departamento de Prensa da Casa dos Reis Magos, no ano 2007 tódolos nenos e nenas de Ponteceso tiveron un bo comportamento co que obteñen o dereito de amence-lo dÃa seis con cadanseu agasallo, alomenos un por neno. Noraboa, rapaces.
Cabalgatas:
Asà pois, os Reis Magos achegaránse primeiro ata Corme: a iso das cinco da tarde sairá a comitiva real do Salto da Costa cara a Praza do Pan. En caso de choiva, reis e nenos irán cara o baixo da Asociación de Veciños na mesma Praza do Pan.
Logo visitarán Ponteceso sobre as seis da tarde con partida dende Tella para encamiñarse cara a Praza do Recheo da Ponte e rematar na Asociación Cultural RÃo Anllóns. Se chove a esgalla, a comitiva real dirixiráse directamente cara a Asociación.
Os Reis tamén farán un hoco na súa axenda para achegarse á festa que lles teñen preparada no local social da Campara: a partires das seis haberá bandas de gaitas, a de Malpica e a da asociación A Coteleira, asà coma os grupos de baile da propia asociación.
Será na tarde de mañán, domingo 6, cando os Reis Magos poidan achegarse ata O Couto para participar na cabalgata que os levará por Lestemoño, Carballido, Cerezo e chagada ó Couto, onde aproveitarán para ve-lo tradicional Belén vivinte na Casa dos Veciños, que nestas datas cumpre os 25 anos.
No caso de que os Reis Magos teñan tempo de se achegar a outras parroquias do concello publicarémolo aquà no intre de recibi-la información.
Como os maiores tamén teñen dereito, o Clube de Pensionistas e Xubilados da Casa do Mar de Corme conmemorará mañán a EpifanÃa cunha merenda baseada en pinchos e fabada para os asociados a partires das sete e media do serán. A amenización da velada correrá por conta de Jesús Méndez Torrado.


Publique a súa opinión: