Fútbol: crónica dos encontros ligueiros
[Liga da Costa - 2ª Aut. Gr. II]
Victoria do Ponteceso no Pinguel fronte ó Porteño: 2-0
Uns 120 afeccionados acodiron ó Pinguel para ve-la victoria do Ponteceso. Pouco inquedou ós locais o xogo do Porteño pois ós quince minutos de escomeza-lo xogo Rubén transformaba unha falta cometida sobre Toniño despois dun grande disparo que se colaba a pa da cepa do poste. O xogo converterÃase entón nun toma e daca ata que, a falta de quince minutos para o final, Bolón chegou a rematar un corner dende o segundo pau logrando o gol que sentenciaba o partido.
Foron amonestados Mendieta, Miguel e Rubén polo Ponteceso.
Os pontecesáns continúan segundos na clasificación con 44 puntos, once por diante do Castriz e a catro do liderato que mantén o Cee.
O Corme cae no Cairo diante do lÃder Cee: 1-2
Douscentos espectadores se achegaron ó campo do Cairo para presencia-lo partido, se ben no comezo do encontro o Corme estivo pouco menos que desaparecido. No minuto vintacinco Bibi rematarÃa dende a esquina da área, impactando o balón no longueiro para ir caer a pés de Josiño que aproveitaba para fusilar a Susiño totalmente libre de marcaxe. O gol resultou un revulsivo e o Corme entrou no partido con numerosas ocasións ata que, a falta de dous minutos para o descanso, Iago elaborarÃa unha xogada impresionante desfacéndose primeiro do defensa do Cee e logo do porteiro Mingos ó que lle gañaba no man a man. Na segunda metade, se ben o dominio estaba en botas ceenses as ocasións viñan por parte dos cormeláns ata que, a falta de cinco minutos para a fin do partido, o árbitro pitaba un penalti para o Cee por un empurrón de Rafa Valiña e que Leo non Ãa fallar.
O árbitro amosou cartón amarelo a Brais polo Corme. Tamén expulsou ó entrenador do Cee no minuto cinco da reanudación.
O Corme atópase noveno na clasificación con 27 puntos, os mesmos que Sofán, Camariñas e Baio.
[Liga de Veteráns]
1ª división: O Ponteceso perdeu fóra fronte o Corcubión por 4-1 co que só ten un punto tra-lo empate da semana pasada. Clique aquà para acceder á crónica do partido segundo ó punto de vista do propio equipo.
2ª división: Tamén caeu o Corme, na casa, diante do Club del Mar por 0-1 co que tamén posúe un só punto despois de dous partidos desputados.
[XuvenÃs - Grupo Norte]
O Corme foi quen de vencer ó Coristanco fóra da casa por 1-2 poñéndose séptimo da clasificación con 20 puntos, os mesmos que o Soneira, dous por detrás do Camariñas.
O Ponteceso é quinto con 25 puntos tras cumpri-la súa xornada de descanso.


Publique a súa opinión: