Ponteceso na Rede

Fútbol: resultados da xornada de liga

[Liga da Costa - 2ª Aut. Gr. II]

O Ponteceso gañoulle ó Carnota: 0-1

O Ponteceso sacou petróleo do tanto logrado no minuto 15 de partido ante os case douscentos siareiros que se achegaron ata o Nova de Lombáns para ve-lo encontro fronte o Carnota. O gol producíase despois dunha grande xogada de Adrián que o Carnota rexeitaba, non podendo evitar que o balón chegara ás botas de Nando quen, dende a esquina da área, chutaba unha tremenda bolea que remataría en gol. Dende entón o Ponteceso adicouse a administra-la vantaxe ata o final do encontro.

Con este resultado o Ponteceso segue segundo, a catro puntos do líder Cee que tamén gañou o seu partido e nove por riba do terceiro clasificado, o Castriz.

O Corme vence ó Muros na casa: 2-0

Diante duns setenta siareiros conseguía o Corme vencer ó Muros no Cairo. Adiantábanse os cormeláns na primeira xogada do partido por medio de Josito quen, nunha acción maxistral, regateaba a dous defensas rivais e facía o tiro cruzado que o gardamallas non era quen de deter. Houbo que agardar ata o minuto dez do segundo tempo a que o Corme puxera o dous a cero definitivo no marcador, despois dunha xogada trenzada a cargo de Brais, Iago e Alejandro, quen lograría o tanto cun disparo cruzado.

Así pois, o Corme ponse sexto na táboa, empatado a 27 puntos con Sofán (5º) e Porteño (7º).

[Liga de Veteráns - Grupo A]

O Ponteceso venceu na casa ó Camariñas e remata a primeira fase como terceiro do grupo A con 36 puntos. Pola súa banda o Corme perdía en Coristanco por 1-0 co que queda clasificado coma oitavo.

A vindeira semana, o domingo día 13, escomeza a segunda fase da liga de veteráns que se conformará do seguinte xeito:

2ª fase - Primeira división: Os cinco primeiros clasificados xogarán unha nova liguilla a dobre volta cos cinco primeiros clasificados do grupo B, o campión desta liguilla será o gañador da liga, os dous últimos descenderán a futura segunda división da tempada 08/09. {EQUIPOS DE 1ª: San Román, Zas, Ponteceso, Buño, Baio, Bergantiños, Bértoa, Nantón, Corcubión e Juventud de Bergantiños}

2ª fase - Segunda división: Os cinco últimos xogarán outra liguilla cos cinco últimos do grupo B, os dous primeiros ascenderán a primeira división da seguinte tempada. {EQUIPOS DE 2ª: Deportivo Carballo, Unión Vimianzo, Malpica, Cabana, San Lorenzo, Camariñas, Corme, Coristanco, Club del Mar e Sofán}

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: