A balea varada no Niño do Corvo
Relato do despece e traslado a Ferrol da balea (Rorcual Común - Balaenoptera physalus) varada no Niño do Corvo en 2004 e relatado segundo a súa experiencia por membros da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Delegación de Ferrol:
Apareceu sobre a area. Este animal, unha femia, varou no mes de marzal de 2004 en Ponteceso, nunha pequena praia cun dificil acceso chamada Niño do Corvo. O dÃa 20 dese mes desprazámonos dende a SGHN, acodindo á chamada da CEMMA, para evaluar as condicións do animal e do lugar no que se atopaba.


Os compañeiros da CEMMA iniciaron o traballo de despece o dÃa 26 de marzal de 2004 e nós continuámola o dÃa seguinte. Dous grupos, de máis de dez persoas cada un, traballaron a xornada completa axudados nos dous dÃas polos membros de Protección Civil e coa presenza e participación persoal do Concelleiro de Medio Ambiente de Ponteceso.
A inestimable axuda de todos eles permitiu dispoñer de man de obra e dalgunha maquinaria que foi preciso baixar á area cun helicóptero, dado o inaccesible da cala. Este servizo correu a cargo da Xunta de Galicia, que puxo dúas unidades, tanto para move-la maquinaria coma para a retirada dos ósos e da graxa, que tivo que facerse en todo momento polo aire.


Mentres esperabamos o transporte dos ósos dende Ponteceso ata Ferrol, preparamos o terreo que recollerÃa os restos dun animal extraordinariamente grande. O camión deixounos a súa cheirenta, aÃnda que preciada carga o dÃa 3 de abril de 2004. Nese enterramento deixamos o esqueleto, nun longo descanso de case dous anos.







Pasados dous anos, o dÃa escollido foi o 15 de xuño para sacar da terra os restos do gran animal. Xuntamos a máis de trinta socios e simpatizantes da SGHN, que se desprazaron non só dende Ferrol. Tamén de Santiago, Vigo, Ames e Lugo chegaron compañeiros para axudar na ardua labor de recuperar unha osamenta de gran peso e tamaño.
Un dÃa gris e chuvioso, que non axudou na tarefa de cavala compacta terra. A procura de cada óso tiña que facerse con coidado, distinguindo cada peza entre os restos de graxa e procurando non perder algún elemento. O transporte o fixemos cós nosos medios, excepto o cranio e as mandÃbulas, cun tamaño extraordinario e para o que precisamos dun camión que puidese no só cambialos de sitio, senón tan só movelos.
Todo o esqueleto foi levado á “Casa do Coronel†e deixado con coidado no patio interior. Neste punto da obra, do que esperemos que sexa o novo local da SGHN e a sede do seu “Museo da Naturezaâ€, contábamos xa con auga, indispensable para a limpeza dos ósos, unha labor que nos vai ocupar durante case dous meses, aproveitando o verán.
O seguinte paso será o desengraxado de cada óso e a reparación das roturas que puidera sufrir durante os sucesivos transportes. O remate final dependerá do adiantado que se atopen as obras do edificio novo, xa que a montaxe do esqueleto deberá facerse no sitio definitivo no que se vai a expoñer.



FONTE: Sociedade Galega de Historia Natural - Delegación Ferrol


Publique a súa opinión: