Colapso no PAC de Ponteceso
Hoxe a Voz de Galicia publica unha especie de reportaxe co gallo do colapso nos puntos de atención continuada da Costa da Morte que, se ben nunca tiveron un servizo fluido nin á altura da demanda, nestes dÃas están a atender o dobre de urxencias.
No tocante a Ponteceso, segundo a debandita reportaxe sen firmar, aseguran que polo PAC pasan a diario de 90 a 100 persoas que han ser atendidas por un só médico (¡!) cando en circunstancias normais pasan entre 40 e 50. Por se o médico tivese pouco traballo, tamén se debe encargar da atención a domicilio asà coma de acompañar ós enfermos que deben ser trasladados en ambulancia ata Coruña (¡!), cousa que ocorre decote, co que o servizo de urxencias queda desatendido sobre dunhas dúas horas nestes casos e os demais pacientes que acoden ó PAC han ser remitidos a Vimianzo (¡!).
Aproveitase a mesma reportaxe para reclama-la construcción dun hospital en Carballo que atenda ós veciños da zona. A experiencia relativa a este punto lévanos a lembrar o caso do hospital Virxe da Xunqueira de Cee: continuamente en obras, inservible, cuns servizos penosos e prácticamente sen persoal para atender ós pacientes. O tema é ben delicado e danos a pensar que se has cousas se fan mal é peor o remedio que a enfermidade: Se non hai persoal médico para os centros de saúde actuais, a lóxica impónse ó extrapolar e indÃcanos que para o caso dun hospital tampouco os haberÃa.


Publique a súa opinión: