Inscrición en liña nas actividades do Concello
Vai uns intres que o Concello dende o Concello nos remitiron a seguinte nota:
O Concello de Ponteceso ven de poñer en marcha, a través da súa páxina web, www.ponteceso.net, un servicio de inscrición en liña, para as actividades que organiza o Concello.
O Sistema chámase Plataforma P.A.D (Plan de Alfabetización Dixital) e está baseado en software libre, concretamente na Plataforma de elearning CLAROLINE.
A través dun sinxelo rexistro, os usuarios da plataforma poderán:
Recibir novas sobre actividades que organice o Concello de Ponteceso.
Inscribirse en cursos e actividades que organice o Concello de Ponteceso.
Acceder ós contidos dos cursos e actividades vÃa web.
Este servicio, que é pioneiro na Comarca e na Costa da Morte, é un dos primeiros pasos que o Concello está dando ata acadar un completo sistema web que será presentado en datas próximas e encadrado dentro do Plan de Alfabetización dixital que se prolongará ata 2011.Para acceder directamente a plataforma, a pesares de que se atopa dispoñible en www.ponteceso.net, poden pinchar no seguinte enlace:


Publique a súa opinión: