O alcalde traballará en Corme os venres
Venres 4 de Xaneiro de 2008 ás 13:12
José Luis Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso, trasladaráse tódolos venres ata a Oficina Municipal de Corme para atende-las peticións dos veciños cormeláns. Parece ser que xa no dÃa de hoxe mantivo unha xuntanza con veciños da Ribeira a conta da ubicación dun transformador eléctrico.
Estes son outros servizos municipais que xa se están a prestar en Corme:
Luns: Oficina Técnica do Arquitecto Municipal
Luns e xoves: Servizo Municipal de Augas
Mércores e venres: Servizos Sociais
Venres: Rexistro de Entrada


Publique a súa opinión: