Preocupación na Asociación de Veciños pola vaga de roubos en Corme
Mércores 9 de Xaneiro de 2008 ás 12:16
O presidente da AVV Eduardo Pondal de Corme, José Manuel Ferreiro Chans, dirixiuse ó alcalde e á Garda Civil de Ponteceso para lles trasladar a preocupación dos cormeláns pola vaga de roubos que parece non remitir en Corme. E máis cando a maiorÃa dos veciños insisten en acusar a “un rapaz procedente dunha familia desestructurada e que sempre foi moi conflictivo” como presunto autor dos asaltos que se cometen en casas de anciáns cando estes se ausentan das súas vivendas. Ferreiro solicitou un maior esforzo por parte das autoridades para evitar que a cousa empeore, aÃnda recoñecendo que é complicado pillar ó ladrón ”in fraganti”.


Publique a súa opinión: