Liorta a conta dun transformador eléctrico en Corme
A última desputa polÃtica vén de producirse co gallo da ubicación dun transformador eléctrico en Corme e ten coma protagonistas ó goberno local, PP, e ó BNG pontecesán.
Postura do Bloque, nun escrito presentado no Concello:
Afirman os nacionalistas que o alcalde enganou ós veciños cos que se reuniu o pasado venres xa que lles dixo que a ubicación do transformador dependÃa da ConsellerÃa de Industria cando o certo é que é o Concello o que lle propón á empresa eléctrica o sitio para a instalación e a ConsellerÃa só se encarga de outorga-la licenza. Pregúntase o BNG se a obra ha servir en realidade para mellora-lo suministro ou se, pola contra, ten algo que ver coa vindeira construcción da EDAR de Corme e con afollarlle custos ás empresas.
Interésanse tamén os edÃs do Bloque polas contraprestacións económicas que recibirÃa o Concello pola instalación do artefacto nun espacio público, do mesmo xeito que preguntan se non haberÃa outras ubicacións mellores coma ó lado da Fonte da Ribeira, a pa da caseta da máquina do carro varadeiro, nun terreo colindante co da EDAR ou solicitando a FENOSA que alugue unha das casetas do peirao propiedade de Portos e que se atopan libres.
Resposta do alcalde na prensa:
Fondo Aguiar afirmou estar sorprendido polas acusacións do BNG e adicouse a desbaratalas todas. Sobre os terreos que se decidiron ceder afirmou que eran os únicos que dispón o Concello na zona e que contaron co beneplácito dos técnicos. Tamén asegurou comprende-la preocupación polos posibles perxuizos que as obras poderÃan causar nas casas próximas e que por iso se está a negociar agora un emprazamento alternativo con outras Administracións.
O alcalde tildou de “absurdas” as dúbidas do Bloque sobre da finalidade do transformador e acusounos de procurar somente “xaleo para que Corme siga con problemas eléctricos xusto agora que”, segundo di, “estamos moi preto de solucionalos”.


Publique a súa opinión: