Ponteceso na Rede

Arquivo de ‘Actividades’

Programa de Termalismo 2008

O Imserso ven de convocar as prazas do programa termalismo social. Os prazos de presentación de solicitudes son os siguintes:

Para os meses de Xaneiro a Febreiro, ata o 12 de Decembro de 2007.
Para os meses de Marzo a Agosto, ata o 16 de Xaneiro de 2008.
Para os meses de Setembro a Decembro de 2008, ata o 16 de Maio de 2008.

Para maior información póñase en contacto co Departamento de Servizos sociais do Concello (981 714 000) ou na Oficina Municipal de Corme.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Curso de creación de páxinas web

Comeza o curso de iniciacíon á creación de páxinas web que organiza o Concello dentro das “Escolas de Informática” para este inverno. Será ás 18:00 horas na aula de informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil situada a pá do centro médico.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Escolas de Informática 2007

O Concello de Ponteceso puxo en marcha as Escolas de Informática 2007. A través desta estanse a por en marcha dous cursos, nestes intres:
 

Curso de iniciación a internet, con 10 matriculados.
Curso de iniciacíon á creación de páxinas web, con 10 alumnos.

Estes dous cursos desenvolveranse no mes de Novembro e Nadal de 2007 nos siguintes horarios:

Curso de iniciación a internet:

Grupo 1. Aula de informática do Concello na O.M.I.X. Luns e Martes de 10h a 12h.
Grupo 2. Aula de informática do Concello na O.MI.I.X.Mércores a Martes de 17h a 18.30h.
Grupo 3. Aula de informática de Corme. Luns e Martes de 19.00h a 21.00h.

Curso de iniciación á creación de páxinas web:

Aula de informática do Concello na O.M.I.X. Xoves de 18:00h a 20.00h.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actividades culturáis do Concello para os vindeiros días

O Concello de Ponteceso organiza as seguintes actividades culturáis para os vindeiros días:

Saída dos nenos do Concello a unha Exposición sobre a Guerra da Independencia na Coruña: Os nenos dos distintos colexios e do IES de Ponteceso sairán ó Museo Militar na Coruña para asistir a unha exposición sobre a Guerra da independencia. Xoves 25 de Outubro.

Animación á lectura: Levarase a cabo no Colexio de Ponteceso. Mércores 31 de Outubro ás 09.30h.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Rota por Brántuas con Xan Fernández Carrera

Fasponte (Federación de Asociacións de Ponteceso) escomeza hoxe a súa programación outonal cunha rota guiada por Xan M. Fernández Carrera, membro da área “Andando por Bergantiños” do Instituto de Estudios Bergantiñáns, polas parroquias de Brántuas e Niñóns con saída do faro de Brántuas ás dez da mañán e que culminará cunha comida de confraternidade no porto de Santa Mariña.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Cambio no horario de clases no taller de teatro

Por mor de razóns organizativas, o Concello de Ponteceso ven de cambia-lo horario das clases do taller de teatro:

  • Ponteceso os luns, na Asociación Cultural.
    • Grupo A (de 3 a 5 anos). De 16:45h a 17:45h.
    • Grupo B(de 6 a 10 anos). De 17:45h a 18:45h.
  • Na Campara os xoves, no local social.
    • Grupo único (3 a 7 anos). De 15:30h a 16:30h.
  • En Pazos, no local social.
    • De 16:30 a 17:30.
  • En Corme, no ático da Casa do Mar.
    • Grupo A(3 a 5 anos). De 17:30 a 18:30.
    • Grupo B(6 a 10 anos) De 18:30h a 19:30h.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

“Aprender a envellecer” no Concello

O Concello de Ponteceso pon en marcha as xornadas “Aprender a envellecer”, actividade dirixida ás persoas maiores e que se dividirá en tres sesións dende mañán ata o xoves de cinco a sete da tarde no salón de plenos. Mañán martes trataráse sobre da saúde física e emocional abordando a nutrición, hábitos saudables ou a actividade física. O mércores haberá unha sesión práctica con actividades físicas e mentáis coa realización de exercicios físicos e máis estimulación cognitiva. O xoves pecharánse as xornadas coa elaboración dun collage sobre o envellecemento construido con materiais de desfeito.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actividades culturáis para o inverno organizadas polo Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso ven de publica-las actividades deportivas e culturáis que organiza neste inverno:

Escola municipal de música: O Concello de Ponteceso pon en marcha a Escola de Música Municipal, destinada a nenos e mozos de 6 a 16 anos. De Outubro a Maio de 2008.

  • Ponteceso: Os Xoves de 16.30h a 19.00h na Oficina de Información Xuvenil.
  • Corme:Os Mércores de 17.30h a 19.30h no local da asociación.
  • Para apuntarse poden facelo na Oficina de Información Xuvenil (ó lado do instituto-teléfono: 981 714 622) ou na Oficina Municipal de Corme (teléfono: 981 738 428).

Obradoiro de expresión dramática: Será de Outubro a Maio de 2008 e está dirixido a nenos de 3 a 7 anos. [Descargue o documento coas actividades do Obradoiro premendo aquí]

  • Corme: Xoves de 17.30h a 18.30h(pequenos) e de 18.30h a 19.30h (maiores). Ático da Casa do Mar. Inscricións na Oficina Municipal de Corme.
  • Ponteceso: Luns de 16.45h a 18.30h(pequenos) e de 17.45h a 18.45h (maiores). Na A.C Río Anllóns. Inscricións tamén neste lugar.
  • Pazos: Mércores de 16.30 a 17.30h. Local sociocultural de Pazos. Inscribirse na Oficina de Información Xuvenil.
  • A Campara: Mércores de 15.30h a 16.20h. Local socio-cultural de A Campara. Apuntarse na Oficina de información xuvenil.

Escolas deportivas: [Acceda ó cadro completo de actividades premendo aquí]

Curso de iniciación á internet: Do 5 de Novembro ó 18 de Nadal de 2007. Luns e Martes de 10.00h a 12.00h. Dirixido a maiores de 18 anos, sen coñecementos de internet. Aula de informática (ó lado do IES Ponteceso)

Curso de iniciación á creación de páxinas web: Do 8 de Novembro ó 10 de Xaneiro de 2008 de 18.00h a 20.00h. Mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, sen coñecementos de deseño web.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

En Corme-Aldea aprenden a envellecer

O Departamento de Servicios Sociais do Concello de Ponteceso, organiza os vindeiros 5, 6 e 7 de novembro de 2007 en Corme-Aldea a actividade “Aprender a envellecer”, envellecemento activo.  Trátase de tres xornadas de actividades orientadas a que os nosos maiores adopten hábitos saudables e aprendan a disfrutar da terceira idade. En resumo “Saber ser vello”. Será no Local Social que o Concello ten en Corme-Aldea:

Primeira Xornada: Xornada sanitaria. Que efectos ten o paso do tempo. Nutrición e dietética. Nocións de primeiros auxilios.

Segunda Xornada: Actividades físicas sinxelas. Fomento destas actividades nos fogares. Exercicios de memoria.

Terceira Xornada: Construcción en grupo de un collage, para representar algo tipo da zona.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Manualidades na Asociación de Veciños de Corme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme organiza un curso de manualidades que inclúe pintura en seda, repuxado de prata, tratamento de frores secas, pirogravado, taracea en madeira e outros traballos. Os interesados pódense apuntar de luns a domingo na propia Asociación de 18h. a 20:30h. ata o 4 de outubro.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Cursos intensivos de natación do Concello de Ponteceso

Mañán comeza o terceiro turno dos cursos intensivos de natación que organiza este verán o Concello de Ponteceso. O horario é o que segue: ás 9:30h., natación terapéutica; ás 10:15h., alumnos de entre 9 e 13 anos; ás 11:00h., de 6 meses a 3 anos; ás 11:45h., de 4 a 5 anos; ás 12:30h., de 6 a 8 anos; ás 13:15h., entrada libre; ás 20:00h, grupo de iniciación; ás 20:45h., grupo de perfeccionamento; e ás 21:30h., grupo de acuafitness. Os prezos oscilan entre os 7,80€ do grupo dos máis cativos ata os 22,24€ para os maiores de 16 non empadroados.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

IV Ruta Cicloturística en Corme

Mañán domingo, celebraráse un ano máis esta ruta cicloturístisca en Corme organizada polo Concello de Ponteceso. A saída será ás 11 da mañá dende o peirao e durará sobre dúas horas. O percorrido transcorrerá dende o peirao, Cabo Roncudo, volta ó peirao, Pedra da Serpe, Igrexa San Adrián, Guxín, Corme Aldea e volta ó peirao. Sortearáse unha bicicleta así como complementos deportivos entre os participantes e tamén haberá trofeo para o máis novo e o máis vello. Prema nesta ligazón para descarga-lo percorrido máis polo miúdo.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Aberto o prazo de inscricións para a viaxe a Avintes

A Concellaría de Cultura e Deportes ten aberto o prazo de inscrición para unha viaxe a Vila de Avintes, localidade irmán do Concello de Ponteceso en Portugal. A actividade está dirixida a nenas e nenos empadroados no concello e nados entre o 1992 e o 1996. A estancia será de dous días e realizaranse visitas culturais e actividades deportivas. O prazo de inscrición remata o luns día 13 de agosto ás 12 horas e ten un custo de 30€ que inclúe transporte, aloxamento e comidas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Este venres arrinca a Motofesta

O venres comeza a Motofesta deste ano organizada polo Motoclub Costa da Morte, que conta cun presuposto de 50.000€ e se desenrolará durante toda a fin de semana. Espérase a presencia duns mil moteiros que poderán acampar na área escolar da Trabe.

  • Venres:
    • Ás 21h. ábrense as inscripcións.
    • Ás 22h. pinchos de benvida.
    • Ás 24h. show acrobático de balde para os inscritos coa actuación de Humberto Riveiro e máis un neno de 8 anos facendo demostracións con motos e quads.
  • Sábado:
    • Ás 12h. ábrense as inscripcións.
    • Ás 13:30h. sérvese a comida.
    • Ás 19h. nova exhibición de Humberto Riveiro nun Peugeot de 200 cabalos e nun microcar de 180.
    • Pola noite, cena de confraternidade, ruta de bengalas ata Valarés, queimada e lumes de artificio.
  • Domingo:
    • Almorzo, rota de pinchos, volta á praza do Relleno, comida de confraternidade, entrega de agasallos e despedida.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Aberta a inscripción para varias actividades

Quenes desexen participar nas seguintes actividades hanse poñer en contacto coa monitora Meli chamando ó 981 738 428.

  • Respiro: nenos de 4 a 10 anos.
  • Risoterapia: maiores de 18 anos.
  • Festiclown: maiores de 10 anos. Saída cara santiago o 2 de agosto.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Campus de Fútbol da Costa Bergantiñá

Hoxe comeza o Campus de Fútbol da Costa Bergantiñá no que os rapaces da zona de 7 a 14 anos poderán perfecciona-la súa técnica en dúas datas e lugares: o 23 e 24 no campo de fútbol de Malpica e o 26 e 27 no de Ponteceso. As actividades desenrolaranse de 10 a 14 horas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

XIV Feira Exposición Paseo do Cabalo

Xuntanza dos amantes do mundo do cabalo xunto ó campo de fútbol do Pinguel.

  • Programa:
    • Ás 10.00h Recepeción ós participantes. Inscripción e invitación a xantar.
    • Ás 13.00h Paseo a cabalo por Ponteceso-Tella. Á volta comida no recinto da carpa.
    • Pola tarde exhibicións e podros para os rapaces.
    • Ás 18.00h sorteo dun poldro.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Propostas para hoxe: cita solidaria con Nicaragua en Corme e xornadas de confraternidade cos nenos saharauis en Ponteceso

Hoxe propoñémoslles como actividades de lecer as seguintes, polo seu interese:

  • Festival Solidario con Nicaragua en Corme: Recadación de fondos para a creación dunha gardería en Ocotal Nicaragua. Na Praza da Ribeira en Corme.
    • Ás 20.00h Xogos musicais coa “Escola da Rúa”.
    • Ás 21.00h Proxección do proxecto “Norte-Sur Solidario”.
    • Ás 21.30h Arte Cómico co paiaso “Fredi”.
    • Ás 22.30h Sesión de música Nicaragüense.
    • Ás 23.30h Música da Terra con “Fol de Veneno”.
    • Ás 00.00h A realidade de Nicaragua en fotografía.
    • Ás 00.30h Música mestiza dende Madrid con “Banda Amplia”.
    • Ás 01.30h “Emrock”, rock da Costa da Morte.
    • Ás 02.30h Música para todos por “Dj Petete”.
  • Xornadas de Confraternidade cos Nenos Saharauis en Ponteceso:
    • Ás 16.00 h Chegada a Ponteceso dos rapaces e familias de acollida e saída en autocar cara a praia.
    • Ás 17.00h Actividades deportivas e de baño en Valarés.
    • Ás 20.30h Festival de Corais na AC Río Anllóns de Ponteceso a cargo da Coral Polifónica de Ponteceso, Saraiba de Os Mallos e Airiños da Capela de As Neves.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Rutas de sendeirismo pola beira do Anllóns

Os veciños maiores de 10 anos poderán desfrutar mañán sábado das rutas de sendeirismo programadas pola beira do río Anllóns, de Verdes a Anllóns, con saída ás 10 h. da mañán da Praza do Relleno de Ponteceso. Débese vestir calzado axeitado, pantalón longo e gorra, así coma levar un pau de apoio, protección solar e máis auga. Pódense inscribir na Oficina Municipal de Información Xuvenil chamando ó 981 714 622.

Polo visto esta actividade quedou suspendida, coma tantas outras no que vai de verán. Da a sensación de que se poñen por poñer, para encher o .doc de Actividades de Verán 2007 pero sen ningún calado real: nin se promociona debidamente nin, polo que parece, se estudia se hai a priori un mínimo número de persoas interesadas en participar na actividade. Sinxelamente vergoñento e lamentable. Damos por sentado que a ruta programada para o vindeiro mércores tamén quedará como actividade pantasma

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

“Pintar na rúa”, mañán 20 de xullo na Praza da Ribeira de Corme

Mañán 20 de xullo a partires de 10:30 h. ata as 13:30 h. os máis pequenos, rapaces de 6 a 12 anos, poderán desfrutar das actividades de “Pintar na rúa” na Praza da Ribeira de Corme.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido: