Mañán escomeza un novo ciclo de cine en Corme organizado pola Asociación de Veciños, desta vez baseado nos filmes de Elia Kazan. A primeira pelicula, “Viva Zapata“, proxectaráse este venres ás dez da noite na Casa do Mar de Corme. As outras tres poderánse ver en venres sucesivos:
O Concello escomeza as proxeccións de pelÃculas familiares neste Nadal en Corme. Será hoxe, dÃa 27, con “Papá canguro 2” ás sete e media da tarde no pavillón municipal. Mañán será o turno de Ponteceso, na Asociación Cultural RÃo Anllóns, onde os cativos poderán desfrutar dos debuxos animados de “Ratatouille” a partires das sete da tarde.
En dÃas anteriores houbo intervencións a cargo dun feixe de estudiosos e persoeiros, coma Neira Vilas que na compaña da súa dona Anisia Miranda que anuncióu a súa intención de publicar un libro sobre o himno.
O XI Certame de Corais vaise celebrar o vindeiro sábado 22 de decembro na igrexa San Eleuterio de Tella no que han participar as corais do concello de Ponteceso mailo grupo vocal Nois de Narón a partires das nove da noite. Prema na imaxe para acceder ó programa:
Ãs 19:15 horas háse presentar o caderno de viaxes “A Costa da Morte” de Anxo Fariña. Logo será a presentación da banda deseñada “Cerditos de Guinea” por Gochi.
Esta tarde a partires das seis comezan as Xornadas de Conmemoración do Centenario do Himno Galego na Casa dos Veciños do Couto, organizadas pola ConsellarÃa de Educación e maila AC Monte Branco, destiñadas ó profesorado e abertas ó público en xeral ata completar aforo.
Ãs 18 horas será a exposición “Himno, os tempos son chegados” a cargo de M. A. Núñez Seixas,
Ãs 18:15 horas membros de Reverso Servizos LingüÃsticos proverán ós mestres de recursos cos que traballar cos seus alumnos sobre do poema de Pondal coa intervención “Nós temos letra. Proposta didáctica para o profesorado ao redor do himno”.
A partires das 20 horas ofreceráse un recital pondaliano no que intervirán os poetas Concha Blanco, MarÃa Canosa, Miro Villar e Alexandre Nerium.
Prosegue o ciclo de cine de humor que a AVV de Corme organiza neste Nadal coa proxección esta noite ás dez da pelÃcula “Que veñen os rusos” no ático da Casa do Mar.
Hoxe reúnese en asemblea o patronato da Fundación Torre-Pujales en Corme para dilucidar sobre diversos temas como o peche de contas, valoración das actividades realizadas no presente ano asà como decidir cándo escomenzarán as obras do futuro Museo de Arte Contemporánea despois da axuda de 80.000€ concedida por Agader e do prazo máximo de seis meses que lle outorga a licenza para leva-las a cabo.
Continúa o XIV Ciclo de Teatro organizado polo Concello de Ponteceso con fondos da Deputación: hoxe sábado dÃa 1 de decembro TalÃa Teatro escenificará “Quero ser grande!” a partires das dez e media da noite no local da Asociación Cultural RÃo Anllóns con entrada de balde.
TalÃa Teatro nace no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee.
Hoxe remata o prazo de inscricións nas Xornadas do Centenario do Himno Galego que se han celebrar na Casa dos Veciños do Couto do 18 ó 20 de decembro e que tiveron unha grande acollida desbordando tódalas espectativas.
Hoxe ponse fin ó Ciclo de Cine Social organizado pola AVV Eduardo Pondal de Corme coa proxección do filme “Só te teño a ti” a partires das dez da noite na Casa do Mar, con entrada de balde.
O vindeiro sábado, dentro do XIV Ciclo de Teatro que organiza o Concello de Ponteceso (ConcellarÃa de Cultura), poñerase en escea a obra “Pim Pam Pum” da compañÃa Mona Lisa Teatro. Ãs 22:30 horas na Asociación Cultural RÃo Anllóns.
Â
Sinopse argumental
Disparatadas historias? Un xogo de nenos? Un absurdo? Ou a crúa e tola realidade? Xulguen vostedes mesmos, pero por favor, rÃan e desfruten do espectáculo, que para chorar sempre hai tempo.
A avalancha de solicutudes para participar nas Xornadas sobre o Himno que se impartirán do 18 ó 20 de decembro no Couto os organizadores decidiron amplia-la matrÃcula ata o venres da vindeira semana e traslada-las sesións do salón principal á galerÃa da Casa dos Veciños. Con todo, o aforo máximo será de 150 persoas polo que se lle dará prioridade ós profesores de maoir proximidade xeográfica.
Continúa esta noite o Cliclo de Cine Social da AVV de Corme co filme de Ken Loach “Chovendo pedras” que se proxectará ás 22:00 horas na Casa do Mar con entrada de balde.
Co marco do XIV Ciclo de Teatro de Ponteceso que organiza o Concello, escenificaráse mañán sábado a partires das 22:30 horas na Asociación Cultural RÃo Anllóns a obra “As últimas lúas” da compañÃa Lagarta Lagarta fundada polos coñecidos actores Ernesto Chao e Rosa Ãlvarez.
Cunha duración estimada de cen minutos a obra está destinada preferentemente para público adulto.
Obra: Le ultime lune, de Furio Bordón CompañÃa: Lagarta Lagarta Traducción e adaptación: Cándido Pazó Dirección: Xulio Lago Elenco: Ernesto Chao, Rosa Ãlvarez e Artur Trillo
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.
Soporte técnico gratuito a cargo de Presencia en la red segundo a súa política de "axuda de balde" para entidades de Ponteceso sen ánimo de lucro.
Esta obra, agás contido propiedade de terceiros, está baixo unha licenza
Creative Commons que permite ser empregada respectando o crédito cara 500P.com.