Ponteceso na Rede

Arquivo de ‘Cultura’

Ciclo de cine social en Corme

Comeza esta noite un novo ciclo de cine mensual organizado pola AVV Eduardo Pondal de Corme que tinguirá as noites dos venres de temática social. As catro películas a proxectar, como usualmente ás dez da noite no salón de actos da Casa do Mar, son: hoxe, “As cinzas de Ánxela” de Alan Parker á que seguirán en venres consecutivos “Ladybird, Ladybird“, “Chovendo pedras” e “O meu nome é Joe” de Ken Loach, xunto con “Só te teño a ti” de Laetitia Colombani.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Presentación das xornadas do centenario do Himno Galego

As xornadas do centenario do Himno Galego, que terán lugar na Casa dos Veciños de O Couto en decembro, foron presentadas onte ás 12:30h. na Casa de Pondal.

Programa, do 18 ó 20 de decembro:

Abriránse as xornadas o martes 18 de decembro coa charla “Nós temos letra. Proposta didáctica para o profesorado ó redor do himno” de 18h. a 19:30h. Haberá un recital poético pondaliano de 19:45h. a 21h. a cargo de Miro Villar, Alexandre Nerium e, aínda por confirmar, Manuel Rivas.

O mércores 19, de 18h. a 19:30h. Xosé Neira Vilas disertará sobre “A estrea do Himnno galego en América no ano 1907″. De 19:45h. a 21h. a Coral Polifónica da Estrada interpretará o “Concerto coral do Himno galego. Letra de Xosé María Lema Suárez e música do seu director Javier Comesaña”.

Por último, o xoves 20, día do centenario, de 18h. a 19:30h. será a charla “Unha visión do Himno galego desde o 2007″ a cargo de Manuel Ferreiro Fernández, o maior estudoso da obra de Pondal, para proceder logo co “Concerto do Himno galego” a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso.

A exposición “Nazón de Breogán” da Consellería de Vicepresidencia e Benestar estará aberta durante os tres días.

O programa non está aínda pechado, e pode que se engada algún novo acto. Se ben as xornadas son para profesores o público xeral pode tomar parte, sempre tendo en conta os límites do aforo.

Celestino Pérez Recarei, director do Centro de Organización e Recursos da Coruña, explicou que has xornadas xirarán en torno ás figuras do autor da letra do Himno, Eduardo Pondal, ó compositor da música, Pascual Veiga e a Xosé Fontenla Leal coma un dos impulsores do Himno e impresor da primeira partitura. Coas xornadas, dirixidas a profesores, procúrase a formación duns cen mestres de Miño a Fisterra para que poidan levar ás aulas os coñecementos sobre o Himno. Os asistentes recibirán un certificado polas dez horas de formación.

José Luis Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso, sinalou o acto de homenaxe coma necesario e recalcou a súa importancia xa que servirá para dar a coñecer Ponteceso. Tamén dixo agardar que para a data do centenario esté rematada a Fundación Eduardo Pondal ubicada na reitoral de Cospindo e se poidan levar alí algúns dos actos.

Jaime Valdés, descendente de Pondal e actual propietario da casa, comentou sobre do perfeccionismo de Eduardo Pondal, lembrou a ausencia de connotacións políticas no himno así coma a súa mentalidade aberta. Tamén destacou as obras de Cesáreo, irmán de Pondal, a prol de Ponteceso ó trae-lo Concello dende A Bugalleira, facer unha ponte, unha estrada, e fundar unha feira entre outras cousas.

Os actos tamén estiveron presentados por José María Varela, directivo da Asociación de Veciños do Couto e autor do programa.

Para inscribirse nas xornadas abonda enviar un fax ó Centro de Formación da Coruña ó 981 27 23 88. Información máis polo miúdo ha ser enviada próximamente ós colexios.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Certame de corais polifónicas no Couto

A Casa dos Veciños do Couto acolle esta noite un certame de corais polifónicas a partires das 20:30h. no que actuarán a agrupación A Oliveira, da A.C. Monte Branco e maila Coral Faberense de Fabero, León. A entrada será de balde.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

XIV Ciclo de Teatro en Ponteceso

Toda a información relativa ó XIV Ciclo de Teatro en Ponteceso que se celebrará no salón de actos da A.C. Río Anllóns ás 22:30h. durante cinco sábados a partires do 10 de novembro e entrada de balde, organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso, dentro do conxunto de actividades culturais para este Outono pode descargala premendo na seguinte ligazón:

[XIV Ciclo de Teatro en Ponteceso]

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

XVII Feira das Fabas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteceso organiza o vindeiro sábado 27 de outubro a XVII Feira das Fabas. Baixo unha gran carpa, ás oito da mañán dará comezo a feitura da fabada, ás dez será a recollida das fabas para o concurso con entrega de premios á unha e degustación da gran fabada medio hora despóis. Durante todo o día haberá unha pulpeira da Ulla.

[Cuña publicitaria da XVII Feira das Fabas de Ponteceso]

Actualización: Sabemos agora que o concurso para elixir ós mellores exemplares divídese en tres categorías: riñón, país e asturiana, así coma o custo de cada ración: só 5€ que inclúen a fabada, o pan, a bebida e máis a taza e o prato conmemorativos. O cartel co programa é este:

Cartel da XVII Feira das Fabas

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

A coral Santa Mariña de Tella acadou as mil actuacións

Para celebrar ter acadado xa os mil recitáis, o vindeiro venres día 26 os 32 membros da coral Santa Mariña de Tella celebrarán unha cea de confraternidade. Dende aquí achegámoslles públicamente os nosos parabéns.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Ciclo de cine de humor en Corme

A Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme volta á carga cun novo ciclo de cine para outubro centrado desta vez no xénero do humor. As catro películas, que van seren proxectadas a filme por semana os venres ás 22h. no salón de actos da Casa do Mar con entrada de balde, son: “El Quinteto de la Muerte” de Alexander Mackendrick o 5 de outubro, “Jumanji” de Joe Johnson o día 12, “Silent Movie” de Mel Brooks o 19 e “La Vida de Brian” dos xeniais Monty Python o 26 de outubro. Lémbrase que os menores de quince anos han acodir na compaña dun adulto.

“El Quinteto de la Muerte” de Alexander Mackendrick “Jumanji” de Joe Johnson “Silent Movie” de Mel Brooks “La Vida de Brian” dos Monty Python

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Festas do Sacramento 2007 no Couto

Xa está en tódolos buzóns do concello o panfleto anunciador das Festas do Sacramento deste ano que se vai celebrar no Couto do sábado 6 de outubro ata o luns 8:

Festas do Sacramento - O Couto 2007

Festas do Sacramento - O Couto 2007

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Exposición do Premio Jesús Núñez no IES de Ponteceso

Esta tarde ás 18 horas José García Liñares, deputado provincial e alcalde de Cerceda, inaugura no IES de Ponteceso unha exposición de trinta das 255 obras que se presentaron a concurso no I Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez organizado pola Deputación o pasado xuño. A exposición permanecerá accesible ás visitas ata o vindeiro 9 de outubro no horario de apertura habitual do instituto. O obxectivo do Premio maila exposición itinerante é, segundo a  Deputación, homenaxea-la traxectoria de Jesús Núñez así como promocionar ós artistas gráficos galegos.

I Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actividades para a fin de semana en Corme

Esta fin de semana temos unha cita obrigada en Corme, onde se nos ofrecen diversas propostas para desfrute de veciños e visitantes:

  • Hoxe, venres 21:
    • Ás 19:30h. Charla sobre Urbano Lugrís, pintor con vínculos coa localidade de Malpica no baixo de Gelín. Organiza a Fundación Torre-Pujales.
    • Ás 22:00h. Proxección da película “Las uvas de la ira”. Organiza Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme.
    • Ás 23:00h. Gran verbena a cargo das orquestas “Ría de Arousa” e “Almirantes” dentro do programa das festas dos Remedios 2007.
  • Mañán, sábado 22:
    • Ás 23:00h. Gran verbena a cargo das orquestas “Fantasía” e “Cámara”.
    • Ás 00:00h. Cotillón, uvas e champán gratis para celebrar o Fin de Ano por adiantado.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Los Lunnis gravan un episodio no CRA de Ponteceso

TVE gravou dende as 9:30h. de onte un episodio de Los Lunnis sobre a colleita do millo coa colaboración de 18 alumnos do CRA de Ponteceso que vai ser emitido entre outubro e novembro. Parece ser que hoxe continuarán a filmar na praia de Niñóns coa presencia de 56 alumnos do centro rural agrupado.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actividades de baile rexional galego, gaita e pandeireta en Corme

O prazo para participar nas actividades de baile rexional galego, gaita e pandeireta organizadas pola Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme segue aberto ata o 4 de outubro, podendo apuntarse de luns a domingo de 18h. a 20:30h. na biblioteca da Asociación.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Conferencia sobre “El Quijote” en Corme

Esta fin de semana, a Catedrática de Literatura pola Universidade de Santiago de Compostela, poeta, ensaísta, crítica de arte, traductora, etc. Ánxeles Penas impartirá no Baixo de Gelín en Corme unha conferencia sobre “El Quijote” que se dividirá en dúas partes. A primeira explicación didáctica será o venres 14 a partires das 19:30h. e a segunda será o sábado 15 á mesma hora, correndo a Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte co peso organizativo do evento.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Arrincan as festas de setembro no concello

Como é tradicional, Ponteceso segue sendo lugar de festas durante o mes de setembro:

Hoxe arrincan as festas da Barquiña en Ponteceso co II Festival Rock Anllóns con churrascada de balde ás 21:30h. e un concerto protagonizado por varias bandas que comezará unha hora máis tarde… O esceario atópase instalado no eiral situado tra-lo local da Asociación Cultural Río Anllóns. Os festexos continuarán durante catro días máis, dos que foron declarados festivos o luns e o martes, día no que rematan as festas. Podedes ve-los carteis das festas premendo na ligazón da cabeceira da web.

Mañán sábado celebraráse a Romería do Faro de Brántuas cunha misa solemne ás nove, así como unha verbena amenizada por Roncel coa actuación no intermedio do humorista Lito de Arzúa. O domingo baixaráse ó templo a imaxe da Virxe do Faro.

Rematarán o mes de festas Os Remedios en Corme, con actos puramente festivos os días 21 e 22 (venres e sábado) e con actos litúrxicos o luns día 24.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Mostra de arte africana, hoxe en Corme

Corme estáse a converter nun fervedeiro de propostas culturáis de visita obrigada… Gracias á Fundación Torre-Pujales, unha mostra excepcional de Arte Africana con algunhas pezas do século XV visita por primeira vez a Costa da Morte. Dez pezas antigas da colección Cartuguer, considerada como unha das mellores do mundo, estarán expostas durante todo o día de hoxe, venres 7, en horario de 11h. a 21h. ininterrumpidamente en Corme no Baixo de Gelín. Ás 19:30h. Salvador Corroto, director do Centro de Arte Atlántica da Coruña, dará unha charla coloquio sobre as pezas expostas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Novo ciclo de cine sobre John Ford en Corme

A AVV de Corme organiza un novo ciclo de cine para setembro seguindo con logametraxes de John Ford pero, desta vez, centrado nos seus filmes de corte social. As proxeccións comezan esta mesma noite no ático da Casa do Mar de Corme coa película “Qué verde era mi valle” con entrada de balde ás dez da noite.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Descubrimento de petroglifos de grande valor arqueolóxico en Corme

Segundo publicou a prensa, o arqueólogo Manuel Estévez afirma que durante a construcción do parque eólico atopáronse dous conxuntos de petroglifos de grande interese que amosan gravados de diverso tipo nas rochas do lugar. Un deles está no Petón da Campaíña, pegado ó parque eólico, mentres que o outro está na Fieiteira e contén, entre outros, un gravado que constitúe o que podería ser un lugar para a entronización de reis na Idade de Ferro.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Apertura da Biblioteca Municipal de Ponteceso

Dende onte reábrese a biblioteca municipal, situada na Asociación Cultural Río Anllóns, en horario de 12h. a 14h., de luns a venres. A partires do día 9 de setembro abrirá en horario normal de inverno, de 17h. a 19h.

[Información remitida polo Dto. de Prensa do Concello]

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Exposición sobre Jesús Núñez en Ponteceso

Dende o 25 de setembro ata o 9 de outubro Ponteceso acollerá a exposición sobre o pintor, escultor e gravador de Betanzos Jesús Núñez Fernández no IES Ponteceso.

[Información remitida polo Dto. de Prensa do Concello]

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Finalmente “Nazón de Breogán” recalará no Couto

Se xa publicamos no seu día que a exposición ”Nazón de Breogán” se achegaría ó concello polo centenario do himno galego, faltabanos por sabe-lo lugar escollido para o evento. Pois ben, segundo o Concello, o lugar elixido é a Casa dos Veciños do Couto.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido: