O vindeiro domingo remata a Escola de Verán organizada pola AC Monte Branco de O Couto celebrando un festival con exposicións de pintura, representacións teatrais, danzas do mundo, baile moderno e maila actuación do dúo Orballo.
O 20 de decembro cúmprense 100 anos da primeira interpretación en La Habana do Himno Galego. Dentro do programa de actos de conmemoración deste aniversario, a Vicepresidencia da Xunta traerá no derradeiro mes do ano a exposición Nazón de Breogán ata Ponteceso como a mellor homenaxe ao autor do poema Os Pinos. Os visitantes que se acheguen á mostra recibirán de xeito gratuÃto un exemplar da edición especial da letra do Himno Galego que o departamento autonómico prepara para a celebración desta data.
Con esta iniciativa, a Vicepresidencia aposta por aproveitar o centenario para popularizar o himno de todos os galegos e galegas, un himno que en palabras do vicepresidente Quintana “oficializa os sentimentos de Galiza como paÃs” e que expresa a loita dun pobo na defensa da súa lingua e da súa identidade.
A mostra Nazón de Breogán puido verse por primeira vez en Compostela en xuño de 2006, coincidindo coa celebración do 70 aniversario do plebiscito do Estatuto do 36. Dende esa data, xa foi visitada por máis de 60.000 persoas, ás que hai que sumar as 11.000 que coñeceron a versión da mesma en formato reducido que está a visitar as vilas galegas.
NOITE DE ENCANTOS NA FURNA: Festa multimusical na Furna do Osmo en Corme. Sete grupos forman parte do cartel da Noite de Encantos na Furna 2007, que se celebrará o vindeiro Venres en Corme. Haberá degustación gratis de churrasco a partires das 20.30h e despois: Grupo de Gaitas Inllar, Marchina dende Cerceda, Grito Negra, Esenzia de Lapo dende Vigo, Hip-Hop con 9 meses e reggae con Taru e os paxaros de coiro.
CICLO DE CINE DO OESTE: Proxectarase Dous cabalgan xuntos de John Ford (1961). Lembrade que no mes de Agosto continúa o Ciclo de Cine do Oeste e que as proxeccións son na Casa do Mar de Corme ás 22.30h.
Sábado 18 de agosto:
CHARLA SOBRE O CHOCOLATE: Ãs 19.30h. MarÃa Teresa Torre Cervigón Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid, con cursos de idiomas e perfeccionamento pola Complutense de Madrid e Sevilla, congresos en Londres, Boston, Viena, Chicago e Bos Aires, controladora de saúde da Expo 92 de Sevilla e Expo 98 de Lisboa, imparte: Saúde: As ventaxes do chocolate. No Baixo de GelÃn. Organiza Fundación Torre-Pujales. NOTA: Daranse mostras de chocolate ós asistentes.
ACTUACIÓN DO MAGO ANTÓN: A partires das 22.30h na Praza da Ribeira en Corme, actuación do Mago Antón co espectáculo Magos no Pais das Marabillas. Organiza Concello de Ponteceso.
O vindeiro sábado 18 de Agosto, ás 22:30 horas, actuará en Corme o Mago Antón, considerado como o mellor mago de Galicia e un dos mellores en toda España. O Mago Antón trae a Corme “MAGOS NO PAIS DAS MARABILLAS” e promete entretemento, diversión e sorpresas. Este acto está organizado pola ConcellarÃa de Cultura do Concello de Ponteceso.
Segundo recalcou, nun ano haberá tempo dabondo para remata-las obras que escomezarán cando teñan a licencia do Concello e chegue unha subvención da Xunta duns 300.00€ que están agardando. Hurtado vivirá en Corme o tempo que duren as obras para supervisa-los detalles.
Carlos Hurtado na charla que deu en Corme. FOTO: Corme.net
A “Noite dos encantos” celebraráse o vindeiro venres 17 na Furna do Osmo. Ãs 20:30h. haberá churrasco de balde e unha exhibición de graffitis. Logo virán as actuacións de Grupo de Gaitas Inllar, Folklóricos, Marchina dende Cerceda, Grito Negra, Essenzia de Lapo dende Vigo, hip-hop con 9 meses e reggae con Taru e os paxaros de coiro.
O ciclo de cine organizado pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme para o mes de agosto estará adicado ós filmes do oeste de John Ford, protagonizados por John Wayne e James Steward. Coma en anteriores ciclos, cada venres proxectaráse unha pelÃcula no salón de actos da Casa do Mar a partires das dez e media da noite, con presentación, coloquio e entrada de balde. As pelÃculas escollidas son: La diligencia (1939) o dÃa 3, Fort Apache (1948) o dÃa 10, Dos cabalgan juntos (1961) o dÃa 17, Centauros del desierto (1956) o dÃa 24 e RÃo Grande (1950) o 31.
A Asociación Cultutal Monte Branco de O Couto arrinca hoxe con aulas de expresión plástica, danzas do mundo, expresión dramática e percusión afrobrasileira que se desenrolarán a diario de once da mañán a unha e media da tarde na Casa dos Veciños. Do mesmo xeito, tódalas tardes de agosto haberá un obradoiro de imaxe asà coma proxeccións de pelÃculas nos galpóns dos veciños eventualmente. É unha mágoa que non teñan publicado o programa no seu sitio web…
Coma o pasado martes na Graña, os veciños da Bugalleira poderán desfrutar esta noite ás 22:30 horas do filme “Batman Returns” que se ha proxectar na praza.
Segundo se anunciou hoxe, o concello ven de formalizar sendos convenios coa Banda de Música “Eduardo Pondal” e coa Fundación Torre-Pujales.
No primeiro caso, garántese a participación gratuita da Banda de Música de Ponteceso nunha festa por parroquia do concello.
No caso da Fundación Torre-Pujales, a duración do convenio colaborativo ten unha duración de cinco anos e abrangue axuda organizativa en eventos de interese e a posta en marcha do futuro Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte condoando a licencia de obra do mesmo por importe de 30.000€.
Tanto na Oficina Minucipal de Información Xuvenil de Ponteceso coma no local da Asociación de Veciños de Corme impartiránse os cursos de informática preparados pola Ãrea de Cultura e Xuventude do concello para os meses de xullo e agosto.
Prima a orde de inscripción, que remata mañán ás dúas da tarde, xa que se dispón tan só de dez prazas por curso. Os interesados pódense apuntar no Concello de Ponteceso ou na oficina municipal de Corme.
Os cursos escomezarán a partires do vindeiro dÃa 9 cos seguintes grupos e horarios:
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.
Soporte técnico gratuito a cargo de Presencia en la red segundo a súa política de "axuda de balde" para entidades de Ponteceso sen ánimo de lucro.
Esta obra, agás contido propiedade de terceiros, está baixo unha licenza
Creative Commons que permite ser empregada respectando o crédito cara 500P.com.