O Corme atópase noveno na clasificación con 27 puntos, os mesmos que Sofán, Camariñas e Baio.
[Liga de Veteráns]
1ª división: O Ponteceso perdeu fóra fronte o Corcubión por 4-1 co que só ten un punto tra-lo empate da semana pasada. Clique aquà para acceder á crónica do partido segundo ó punto de vista do propio equipo.
O Ponteceso sacou petróleo do tanto logrado no minuto 15 de partido ante os case douscentos siareiros que se achegaron ata o Nova de Lombáns para ve-lo encontro fronte o Carnota. O gol producÃase despois dunha grande xogada de Adrián que o Carnota rexeitaba, non podendo evitar que o balón chegara ás botas de Nando quen, dende a esquina da área, chutaba unha tremenda bolea que rematarÃa en gol. Dende entón o Ponteceso adicouse a administra-la vantaxe ata o final do encontro.
Diante duns setenta siareiros conseguÃa o Corme vencer ó Muros no Cairo. Adiantábanse os cormeláns na primeira xogada do partido por medio de Josito quen, nunha acción maxistral, regateaba a dous defensas rivais e facÃa o tiro cruzado que o gardamallas non era quen de deter. Houbo que agardar ata o minuto dez do segundo tempo a que o Corme puxera o dous a cero definitivo no marcador, despois dunha xogada trenzada a cargo de Brais, Iago e Alejandro, quen lograrÃa o tanto cun disparo cruzado.
Asà pois, o Corme ponse sexto na táboa, empatado a 27 puntos con Sofán (5º) e Porteño (7º).
[Liga de Veteráns - Grupo A]
O Ponteceso venceu na casa ó Camariñas e remata a primeira fase como terceiro do grupo A con 36 puntos. Pola súa banda o Corme perdÃa en Coristanco por 1-0 co que queda clasificado coma oitavo.
A vindeira semana, o domingo dÃa 13, escomeza a segunda fase da liga de veteráns que se conformará do seguinte xeito:
2ª fase - Segunda división: Os cinco últimos xogarán outra liguilla cos cinco últimos do grupo B, os dous primeiros ascenderán a primeira división da seguinte tempada. {EQUIPOS DE 2ª: Deportivo Carballo, Unión Vimianzo, Malpica, Cabana, San Lorenzo, Camariñas, Corme, Coristanco, Club del Mar e Sofán}
O Ponteceso foi perder fóra por 3-0 fronte o Soneira, co que están quintos na táboa a seis puntos do Zas e catro por diante do Malpica.
Os rapaces do Corme acadaron unha abultadÃsima goleada por 8-3 na casa ante o Cerqueda. Na clasificación están antepenúltimos, pero a tan só un punto do Camariñas e cun colchón de oito puntos por diante do Coristanco.
En ambolosdous casos os horarios dependerán do número de participantes, requerindo un mÃnimo de seis para que se desputen os torneos. Os interesados hánse inscribir antes das 12 horas do 21 de decembro no Departamento de Deportes [981 714 000] ou na Oficina Municipal de Corme [981 738 428].
O Ponteceso non se soubo aproveitar da derrota do Cee no seu derbi fronte o Fisterra, co que só lle recurta un punto tras empatar na Pedra Queimada nun partido fronte Malpica no que ningún dos equipos foi quen de marcar: Nando espetou o balón contra a cruceta da porterÃa do Malpica na primeira parte e, xa na segunda, Pablo viu como o colexiado lle anulaba un gol.
Pombo, Roberto RÃos, Tucho, Mario e Barca viron a tarxeta amarela.
Cen afeccionados asistiron na tarde do domingo ó Cairo para ve-lo partido do Corme, que tivo que tirar de varios xuveniles por mor das numerosas baixas, fronte o Sofán que chegou ó descanso coa vantaxe dun gol de falta. No minuto 25 da reanudación Rafa Valiña dáballe o empate ó Corme pero o Sofán voltaba a se adiantar cun gol de Suso Docampo cinco minutos despois. No último minuto de novo Rafa Valiña conseguÃa efectuar un disparo que se converterÃa no empate a dous definitivo.
Foron sancionados con cartulina amarela Diego e Rafa Valiña.
Tra-lo empate na casa o Corme ponse quinto con 23 puntos na clasificación, un punto por riba de Sofán e Muros, e un por baixo do Malpica.
[Liga de Veteráns - Grupo A]
O Ponteceso empatou a ceros na casa fronte o Buño, e ponse terceiro con 30 puntos. O Corme si que logrou a victoria, neste caso fóra da casa, contra o Sofán por 0-4 cousa que os deixa en oitavo lugar con 11 puntos.
Segunda autonómica, grupo 2: O derbi entre o Ponteceso e o Corme finalizou con victoria dos cormeláns no Pinguel por 1-2, o que sitúa ó Corme na cuarta praza con 22 puntos e afasta ó Ponteceso cinco puntos do lÃder Cee que gañou en Baio co que segue primeiro con 33 puntos.
Na categorÃa de veteráns, grupo A, o Ponteceso trouxo os tres puntos de Coristanco despois de acadar un 0-3 e ponse terceiro na casificación con 29 puntos, por tras do Zas e do San Román, con 35 e 38 puntos respectivamente. O Corme empatou a uns na casa contra o Baio, quedando oitavo con 8 puntos.
Éstes son os resultados da terceira xornada da Liga Municipal de Fútbol Sala que organiza o Concello e se desputa cada sábado:
SAN XULIÃN 2-4 AUTOS POMBO
TINTÃN 1-8 SÚPER RAMA
PLAYA DE NIÑÓNS 5-5 RÃFAGA O BARRIL
SERGESCO 1-5 GRUPO ELYTE
PUB BURRITA 0-7 BAR PAULA
CONSTRUC. CORDOBÉS 6-1 BIPELO
DRINKING TEAM 2-9 AC MONTE BRANCO
FALDRA FOLK 6-3 CAFÉ-BAR ALDEOLA
Despois de tres partidos lidera a clasificación Bar Paula con 21 puntos por diante de AC Monte Branco con 20 puntos seguido de Grupo Elyte con 16 puntos.