Certame de Corais Polifónicas en Tella
O Concello vén de nos remitir un feixe de imaxes do Certame de Corais Polifónicas que tivo lugar o 22 de decembro pasado na igrexa de Tella:
O Concello vén de nos remitir un feixe de imaxes do Certame de Corais Polifónicas que tivo lugar o 22 de decembro pasado na igrexa de Tella:
O pasado sábado a obra “Quadreterapia”, da compaña Cabaret Manicómico, puxo fin ó XIV Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso ca presencia de 150 asistentes.
[Imaxes cedidas polo Concello de Ponteceso]
Cun cheo absoluto, na tarde-noite do sábado representouse na AC RÃo Anllóns “A bela durminte” de Vagalume, con actores afeccionados de 11 a 15 anos, e logo “Móve-t” de As DrÃadas, cun espectáculo de danza. As dúas representacións enmárcanse no XIV Ciclo de Teatro que organiza o Concello.
A bela durminte
Móve-t
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Dende o Concello remÃtennos tres imaxes do público asistente á interpretación de “Quero ser grande!” que o pasado sábado interpretou TalÃa Teatro na Asociación Cultural RÃo Anllóns dentro do XIV Cliclo de Teatro. Déronse cita cáseque duascentas persoas para desfrutar da obra:



De seguido, dúas imaxes dos Cursos de Iniciación a Internet que o Concello de Ponteceso organiza en Corme e Ponteceso os luns e martes. Estes cursos están encadrados dentro do Plan de Alfabetización Dixital (PAD) que inclúe diversas medidas para a inserción plena da sociedade pontecesán dentro do mundo das novas tecnoloxÃas a través de cursos, conferencias e medidas xurdidas dende a propia administración local.
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Por se durante o curso se pasaran por esta páxina: un saúdo a todos!
De seguido, catro imaxes tiradas na representación de “Pim Pam Pum” o sábado na A.C. RÃo Anllóns a cargo de Mona Lisa Teatro dentro do Ciclo de Teatro e que, segundo fontes do Concello, xuntou duascentas persoas:
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Hai exactamente un mes e medio dabamos conta da adquisición por parte do Concello dun camión contra incendios e salvamento de primeira intervención. Hoxe topámonos conque o mesmo leva en Ponteceso cousa dunha semana. Descoñecemos quén se encargará de empregalo (¿Protección Civil? ¿Contratación de persoal especializado?) e en qué cocheira se aparcará. Polo momento está situado nas inmediacións da rúa Aduana fronte á centraliña de Telefónica, onde adoitan estaciona-lo camión do Concello, asà que aproveitamos para tirarlle unhas cantas fotos.
Prema nas imaxes para acceder ás fotografÃas con maior resolución:
O Concello de Ponteceso está a desenvolve-lo Planetario Viaxeiro co patrocinio da Obra Social da Fundación La Caixa. Hoxe participan no mesmo nenos do Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso e mañán farán o propio alumnos do Colexio As Forcadas de Corme. As imaxes ilustrativas que veñen de seguido corresponden á xornada de onte na que participaron os nenos do CRA de Ponteceso, prema nelas para ve-las fotos a maior tamaño:
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Unhas cantas imaxes tomadas o pasado sábado na representación de “As últimas lúas” de Lagarta Lagarta, representación inaugural do XIV Ciclo de Teatro de Ponteceso organizado polo Concello na AC RÃo Anllóns, que contou con abundante público:
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Catro imaxes correspondentes ó Magosto organizado polo Concello o pasado dÃa 8 en Corme:
[Fotos cedidas polo Concello de Ponteceso]
Tres imaxes correspondentes á charla do Centro Quérote sobre cuestións afectivo-sexuais no IES de Ponteceso onte, 5 de novembro, coa organización da ConcellarÃa de Cultura do Concello de Ponteceso:
[FOTOS: Concello de Ponteceso]
Un par de imaxes da actividade de animación á lectura desenvolvida no Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso:
[FOTOS: Concello de Ponteceso]
Rematou a Barquiña deste ano (agora mesmo están a retira-lo alumeado das festas) na que tódolos veciños tiveron a súa oportunidade para divertirse. No aspecto negativo, unha orquesta fallou o sábado sen que teñamos coñecemento do por qué e un rapaz de 16 anos, veciño de Corme Aldea, foi atropelado preto da parada de taxis resultando cunha perna rota e diversas contusións. Tiramos unhas cantas fotos da procesión do sábado e mais do Show dos Paiasos do domingo… o resto do tempo nos tamén estivemos de festa
Unhas cantas fotos da xente e grupos que acodiron onte ó II Festival Rock Anllóns. Desculpade a calidade dalguna delas:
Hoxe ás 11 da mañán máis de 70 participantes, entre peñas, nenos e maiores, sairon en bicicleta por Lestemoño, Monte Ardal, A Rocha, Porto do Souto, A Campara, Os Ãnxeles, Brantuas de Abaixo, Carballido, Agra do Couto, Casa do Concello e chegada ó punto de partida, a praza do Relleno onde coincidiron cos participantes da Motofesta e, por momentos, rivalizaba o griterÃo dos nenos mentres recibÃan camisetas e agasallos co son dos escapes das motos. Tamén se sorteou unha flamante bici de aluminio.
A vindeira semana a cita será en Corme e, coma nesta ocasión, tamén está organizada polo Concello de Ponteceso.
Acaba de concluir a Motofesta 2007 coa xuntanza de motos e moteiros na praza do Relleno que se viu enchida de colorido. Ahà van unhas cantas fotos:
Malia que o tempo non acompaña demasiado, estase a celebra-la XIV Feira Exposición Paseo do Cabalo no campo de fútbol de O Pinguel organizada pola Asociación de CrÃa Cabalar de Ponteceso cunha boa afluencia de público. GustarÃanos animalos a acudir e resaltar que os nenos poden dar un paseo de balde polo recinto a lomos dun cabalo.
Estas imaxes pertencen ó concerto de hora e media celebrado esta noite a cargo de The Unfinished Sympathy na Praza do Relleno ata as doce da pasada noite. Moi bo son.





Unhas cantas imaxes para poñerlles os dentes longos a quenes non se poidan achegar estos dÃas por Corme:

Os fregueses saen de misa de doce polos mariñeiros falecidos.

A Charanga Mekánica amenizando o paseo dos festeiros.

A charanga Ruada tocando polas rúas de Corme.

Algúns debaixo da saia non levaban nada, e non é coña.

A rapazada montaba a festa en calquera curruncho.

A inmensa carpa para a degustación do percebe e demáis mariscos.

Formouse unha grande cola de xente para adquiri-los tickets.

Visitantes desfrutando do polbo, navallas e, como non, percebes.

A falta de aparcadoiro supliuse permitindo o estacionamento no porto.
Incidente: Unha persoa tratou de impedir a saÃda de misa ós fregueses aducindo que lle roubaran a carteira na mesma porta. A cousa non chegou máis aló.