Ponteceso na Rede

Arquivo de ‘Novas’

Morrer con dignidade

Médicos do Juan Canalejo indicáronlle a Manuel Rivera Castro, veciño de Anllóns de 83 anos, que ha falecer en poucos días por mor do avanzado da leucemia que padece. Na contra da opinión do enfermo, que pide morrer con dignidade e coas atencións que os servizos hospitalarios lle outorgan, os médicos déronlle a alta o pasado día 18 e mandárono literalmente a morrer na casa. A dona de Manuel quere que se respete a vontade do enfermo de non abandoa-lo complexo hospitalario, co que non fixeron uso da ambulancia que os ía trasladar a casa ese mesmo día. Entón os facultativos lanzaron un ultimátum polo cal Manuel ha de abandoa-lo hospital no día de hoxe.

Poden le-la historia completa nesta reportaxe da Voz de Galicia.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

A asociación de empresarios de Ponteceso tentará dinamiza-lo comercio

A Asociación de Empresarios de Ponteceso vén de contratar un técnico por espazo dun ano coas axudas outorgadas pola Xunta e que será o encargado de traballar nos proxectos de futuro da entidade.

O primeiro deles, segundo o vicepresidente da entidade, José Santos, sería o de tentar por en marcha un mercado semanal baixo unha carpa que complemente a feira da Trabe. A carpa podería ser empregada tamén para actos festivos e culturáis que axuden a reforza-la movida en Ponteceso:

O técnico que acabamos de contratar coa axuda da Xunta vaise encargar de facer unha enquisa e de estudiar o funcionamento doutros mercados da zona para ver se se pode aplicar tamén esa fórmula en Ponteceso.

Noutros sitios a experiencia está funcionando, e aquí non ten por qué ser doutro xeito.

A debandita enquisa comezaría a se realiza-la vindeira semana e barállase a posibilidade de solicita-lo apoio do Concello no caso de que os comerciantes decidan seguir adiante coa iniciativa.

Santos aboga tamén por un maior asociacionismo

Existe a necesidade de que o comercio de Ponteceso funcione como unha especie de Centro Comercial Aberto, asociándose e actuando de forma conxunta á hora de facer ofertas, sortear agasallos, dar facilidades ós clientes, etc. Trataríase de camiñar xuntos para ver de aplicar ideas que están funcionando noutros lados e buscar cousas novedosas para incentivar á xente e facer que veña a mercar a Ponteceso, algo que tamén podería servir para atraer novos negocios e ampliar a oferta.

Promoción máis exhaustiva

A asociación estáse a prantexa-la posibilidade de editar unha revista de carácter publicitario na que os comercios adheridos á iniciativa poderían contar alomenos cunha páxina para expoñer ó público as súas ofertas e, en principio, convidaríase a participar na publicación ós 80 comercios que tomaron parte na pasada campaña de Nadal, aínda que se agarda que aparezan novos establecementos interesados neste tipo de promoción.

Campaña de Nadal

Cada negocio que participou na campaña de Nadal aportou á mesma 100 euros, cousa que permitiu o sorteo dun coche entre os clientes. O número afortunado foi o 87.657 e atopábase impreso nunha rifa repartida polo Videoclub Piruleta, pero polo de agora ninguén se presentou a reclama-lo premio.

Aproveitando internet

Dende 500P.com lembramos que seguimos coa man tendida ós comerciantes de Ponteceso para que non deixen de lado a opción máis barata e cun maior número potencial de clientes: internet. Calquera comercio do concello ten a posibilidade de empregar sitio na nosa web completamente de balde para promociona-los seus productos ou servizos, mesmo poñendo fotos. Os posibles interesados tan só deben porse en contacto con nós para trata-lo asunto.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Preocupación na Asociación de Veciños pola vaga de roubos en Corme

O presidente da AVV Eduardo Pondal de Corme, José Manuel Ferreiro Chans, dirixiuse ó alcalde e á Garda Civil de Ponteceso para lles trasladar a preocupación dos cormeláns pola vaga de roubos que parece non remitir en Corme. E máis cando a maioría dos veciños insisten en acusar a “un rapaz procedente dunha familia desestructurada e que sempre foi moi conflictivo” como presunto autor dos asaltos que se cometen en casas de anciáns cando estes se ausentan das súas vivendas. Ferreiro solicitou un maior esforzo por parte das autoridades para evitar que a cousa empeore, aínda recoñecendo que é complicado pillar ó ladrón ”in fraganti”.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

O IES de Ponteceso e o colexio Nosa Señora do Faro logran o premio Valora

Tanto o IES de Ponteceso coma o CRA Nosa Señora do Faro acadaron o premio Valora 2007/2009 sobre educación para a cultura da paz, cidadanía e convivenci, que lles outorga a cada un deles 3.000 euros para realiza-los proxectos presentados nun prazo de dous anos. O decreto foi publicado antonte no DOG.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Casa Elías abre hoxe en Ponteceso

Esta tarde ás oito abre o restaurante-viñoteca Casa Elías na rúa Eduardo Pondal de Ponteceso (no antigo local do minigolf) no que se presentará a veciños e amigos un local duns 170 metros cadrados que ha contar cunha viñoteca con 200 productos en catálogo así coma restaurante cunha capacidade para 35 comensais. O local estará rexentado por Lucía López Santiago, filla dos propietarios dos establecementos Casa Elías de Buño.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

O alcalde traballará en Corme os venres

José Luis Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso, trasladaráse tódolos venres ata a Oficina Municipal de Corme para atende-las peticións dos veciños cormeláns. Parece ser que xa no día de hoxe mantivo unha xuntanza con veciños da Ribeira a conta da ubicación dun transformador eléctrico.

Estes son outros servizos municipais que xa se están a prestar en Corme:

Luns: Oficina Técnica do Arquitecto Municipal

Luns e xoves: Servizo Municipal de Augas

Mércores e venres: Servizos Sociais

Venres: Rexistro de Entrada

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Xestión municipal baixo Linux en Ponteceso

Tux, mascota de LinuxA Deputación, xunto cos ministerios de Administracións Públicas e Industria, puxo en marcha un plan para a aplicación das novas tecnoloxías no tocante á xestión municipal cun orzamento de 1,2 millóns de euros que corresponde ó 50% do desembolso necesario.

No programa, primeira fase do cal se está a executar dende o pasado novembro e se estima rematará en febreiro, figura o Concello de Ponteceso que se verá beneficiado co suministro de equipamento informático, a instalación de aplicacións e a migración de datos para facilita-los servizos prestados ós veciños por medio de tramitación electrónica. A gañadora do concurso, a empresa Dell, estáse a encargar de todo iso e tamén lle corresponderá o mantemento así como a formación para a seu manexo, por canto a Deputación esixe que os equipos corran baixo Linux en detrimento de Windows, moito máis caro e ineficaz. A segunda fase do programa corresponde á instalación do software preciso.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Colapso no PAC de Ponteceso

Servizo Galego de SaúdeHoxe a Voz de Galicia publica unha especie de reportaxe co gallo do colapso nos puntos de atención continuada da Costa da Morte que, se ben nunca tiveron un servizo fluido nin á altura da demanda, nestes días están a atender o dobre de urxencias.

No tocante a Ponteceso, segundo a debandita reportaxe sen firmar, aseguran que polo PAC pasan a diario de 90 a 100 persoas que han ser atendidas por un só médico (¡!) cando en circunstancias normais pasan entre 40 e 50. Por se o médico tivese pouco traballo, tamén se debe encargar da atención a domicilio así coma de acompañar ós enfermos que deben ser trasladados en ambulancia ata Coruña (¡!), cousa que ocorre decote, co que o servizo de urxencias queda desatendido sobre dunhas dúas horas nestes casos e os demais pacientes que acoden ó PAC han ser remitidos a Vimianzo (¡!).

Aproveitase a mesma reportaxe para reclama-la construcción dun hospital en Carballo que atenda ós veciños da zona. A experiencia relativa a este punto lévanos a lembrar o caso do hospital Virxe da Xunqueira de Cee: continuamente en obras, inservible, cuns servizos penosos e prácticamente sen persoal para atender ós pacientes. O tema é ben delicado e danos a pensar que se has cousas se fan mal é peor o remedio que a enfermidade: Se non hai persoal médico para os centros de saúde actuais, a lóxica impónse ó extrapolar e indícanos que para o caso dun hospital tampouco os habería.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Inscrición en liña nas actividades do Concello

Vai uns intres que o Concello dende o Concello nos remitiron a seguinte nota:

O Concello de Ponteceso ven de poñer en marcha, a través da súa páxina web, www.ponteceso.net, un servicio de inscrición en liña, para as actividades que organiza o Concello.

O Sistema chámase Plataforma P.A.D (Plan de Alfabetización Dixital) e está baseado en software libre, concretamente na Plataforma de elearning CLAROLINE.

A través dun sinxelo rexistro, os usuarios da plataforma poderán:
Recibir novas sobre actividades que organice o Concello de Ponteceso.
Inscribirse en cursos e actividades que organice o Concello de Ponteceso.
Acceder ós contidos dos cursos e actividades vía web.
Este servicio, que é pioneiro na Comarca e na Costa da Morte, é un dos primeiros pasos que o Concello está dando ata acadar un completo sistema web que será presentado en datas próximas e encadrado dentro do Plan de Alfabetización dixital que se prolongará ata 2011.

Para acceder directamente a plataforma, a pesares de que se atopa dispoñible en www.ponteceso.net, poden pinchar no seguinte enlace:

http://percebeiro.no-ip.biz/adixital/

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Vaga de roubos en Corme

Prosegue a vaga de roubos en Corme, o último deles esta mesma mañán na rúa Río da Roda, en pleno casco urbán e, coma sempre, asaltando o fogar dun ancián que vive so segundo informan dende Corme.net. A costume obríganos a coidar que o asaltador tampouco será detido desta vez.

A inseguridade cidadán en Corme foi tratada días atrás nos espazos informativos da Galega: ver vídeo.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Preparando o comedor sobre rodas

Nota do Concello:

Quince veciños de Ponteceso con dificultades económicas e sociais benefícianse desde mediados deste mes dunha experiencia piloto posta en marcha polo Concello para preparar a futura creación do servizo municipal de comedor sobre rodas. A selección foi feita en base aos informes realizados polo persoal do departamento de servizos sociais. Persoas necesitadas, que non teñen medios, non poden valerse por si mesmas ou non teñen os medios suficientes.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Doa sangue en Ponteceso

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará esta tarde de catro a nove na praza do Relleno de Ponteceso para atender a todos aqueles que se queiran achegar un minuto a doar sangue.

Doa sangue en Ponteceso

Precísanse 500 doazóns diarias:

O avance da medicina soluciona moitas enfermidades, mellora a calidade de vida dos enfermos e aumenta a nosa esperanza de vida. Cada día os hospitais galegos atenden unha media de 2.900 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos ou tecidos. Isto é posible grazas a que, cada ano, miles de persoas amosan a súa solidariedade doando un pouco do seu sangue.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Inscrición en liña nas actividades do Concello a partires de xaneiro

O Concello de Ponteceso porá en marcha no próximo mes de xaneiro un sistema web que permitirá aos usuarios de Ponteceso.net inscribirse en actividades culturais e deportivas que organice o Concello de Ponteceso no que denominan Plataforma “PAD”. Este software, baseado na plataforma de e-learning Claroline, tamén permitirá facer un seguimiento por medio da Rede de diversos cursos que se realicen por parte da entidade municipal.

Para saber máis da ferramenta que se empregará clique sobre a imaxe:

Claroline, groupware GNU/GPL

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

O Gordo de Nadal, 6381, toca en Carballo

Foi vendido parte do Gordo de Nadal, número 6381, en Carballo. Revisade os bolsillos quenes mercastes loteria alí xa que se venderon na administración número 3 da vila 15 series que han dar ós afortunados 15.000€ por cada euro xogado. Repartíronse en total 45 millóns de euros na zona.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Presentación da marca “Percebe do Roncudo”

Esta tarde, a partires das 17:15 horas, celébrase no salón de actos da Confraría de Pescadores de Corme unha rolda de prensa na que han ser presentados oficialmente tanto o logotipo como a marca rexistrada “Percebe do Roncudo”, así como os proxectos e obxectivos da debandita Confraría de cara ó futuro. Na mencionada rolda han intervir Jesús Lista Neira, como Patrón Maior, así coma unha representación das percebeiras cormeláns.

Ésta é a imaxe escollida para representa-la marca:

Percebe do Roncudo

[Actualización - Sábado 22]

Declaracións do Patrón Maior da Confraría, Suso Lista, na rolda de prensa:

O venres pasado tivemos unha xuntanza con representantes da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados de Pesca e con profesionais da Universidade da Coruña, aos que xa lle encargamos a elaboración dun proxecto de empresa. Trátase de que tanto os restaurantes como os consumidores teñan plena confianza en que se lle vai a ofertar un percebe de primeira calidade, que podería estar no mercado no vindeiro verán. Elo implicaría ter que contratar un xestor para a lonxa que se encargará de vixiar por esa calidade porque o percebe de Corme ten que acabar chegando aos mellores mercados.

O obxectivo é desenrolar unha marca que garanta a calidade do producto e escomezar a comercializa-lo a partires do próximo verán mesmo ó través de novas canles de distribución como pode se-la venda por medio da Rede. Polo momento o sitio web Percebedoroncudo.com amosa varios vídeos con percebeiros coma protagonistas.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Centenario do Himno galego en Ponteceso

Durante esta mañán celebrouse o centenario do Himno galego en Ponteceso, cuna de Eduardo Pondal, nuns actos organizados polo Concello que vai uns intres que rematou. Escomenzou co recibimento dos rapaces das escolas de Ponteceso sobre das once da mañán no campo da feira da Trabe que, na compaña da banda de música Eduardo Pondal, baixaron ata a praza do Relleno.

Unha vez alí escomezou o recital poético pondaliano a cargo dos pequechos e con presentación por conta de Xurxo Souto. O recital viuse interrompido pola chegada do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que xunto co alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, e outros políticos e persoeiros da vila e a comunidade participaron na ofrenda floral ó bardo ó pé do monolito do paseo fluvial do Anllóns. Acto seguido, alcalde e vicepresidente deron sendos discursos para remata-lo evento coa interpretación do Himno na voz de Susana Seivane coa compaña dun boutzuki. No acto estivo presente Neira Vilas e a súa dona.

pondal1p.jpgpondal2p.jpgpondal3p.jpg

pondal4p.jpgpondal5p.jpgpondal6p.jpg

pondal7p.jpgpondal8p.jpgpondal9p.jpg

pondal10p.jpgpondal11p.jpgpondal12p.jpg

pondal13p.jpgpondal14p.jpgpondal15p.jpg

pondal16p.jpgpondal17p.jpgpondal18p.jpg

Curiosidades do acto de homenaxe

  • Chegada do vicepresidente: Os políticos andan con présa. Interromperon o recital dos rapaces coa chegada de Quintana para porlle nas mans o ramo, face-la ofrenda floral, saudar e subir ó palco a da-lo discurso… todo elo nun intre de non máis de cinco minutos de reloxo.
  • Pequechos alborotados: Era de agardar… tras interrompe-lo recital poético os rapaces non acougaban no palco durante os discursos de Fondo e Quintana co que Xurxo Souto tivo que reprendelos decote ante o sorriso do público asistente.
  • A soidade do palco: É ben curioso a soidade que deben sentir os encargados de pronunciar discursos e proclamas unha vez se atopan sós no palco. Mentres eles falan cara ó micrófono, milleiros de rapaces berran e bulen, e os adultos adícanse a falar co do lado ou prender un cigarro.
  • Falta de respecto da prensa gráfica: Chama ben a atención o comportamento dos cámaras xornalísticos, que non dubidan en porse diante da cámara dos demáis ou mesmo empurra-lo compañeiro para tirar un feixe de fotos das que mañán só se ha publicar unha. Parecía aquelo a chegada dun equipo de fútbol campión a un aeroporto. Tampouco teñen miramento á hora de se subir ó palco e cruzarse diante dos intervintes no evento, coma se fosen transparentes e mesmo na interpretación do himno, afeando sen reparo un fermoso acto.
  • Disparidade dos discursos, cada un no seu cometido: Mentres o vicepresidente Quintana adicou unha soflama patriótica a conta do Himno nunha locución enfática e experimentada, o alcalde Fondo salientaba con voz máis quebrada a presenza a redor de tódolos presentes de todo aquelo que Pondal reflexa no seu poema: os pinares, o Anllóns, o Monte Branco… Sen dúbida un discurso precioso e traballado.
  • Fin do acto: Coa mesma présa coa que chegou, Quintana liscou do evento na compaña do alcalde, oposición e demáis persoeiros en dirección á taberna. Esto é Galicia, por moita homenaxe que haxa cando chega a hora do vermú é obriga correr cara a cantina a fume de carozo.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Anxo Quintana achegaráse o xoves ata Ponteceso

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, conmemorará o centenario da primeira interpretación do Himno galego mañán xoves 20 de decembro en Ponteceso, na compaña duns mil estudiantes da bisbarra que ofrecerán un recital poético e maila gaiteira Susana Seivane que interpretará o himno, todo elo a partires das once da mañán.

Ademáis da asistencia do vicepresidente nos actos organizados polo Concello [pode consulta-lo programa premendo aquí], Quintana prevé visita-la exposición “Os tempos son chegados” que permanecerá no Couto ata mañán e da que se teñen editado 10.000 catálogos, así como participar na ofrenda floral no monumento adicado a Pondal sito no paseo fluvial do Anllóns preto da casa do bardo.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido: