Os tres concelleiros do PSOE veñen de presentar un rogo polo que solicitan o cambio de hora do vindeiro pleno. No presente mandato o goberno local trocou o horario ás nove da mañán cando ata agora se viñeran celebrando á tardiña.
O pleno de onte, celebrado de forma extraordinaria co gallo do orzamento municipal para 2008, despachouse en pouco menos de tres cuartos de hora, dende as nove da mañán, resultando na aprobación dos mesmos cos votos do grupo de goberno en solitario na maiorÃa dos apartados.
Ponteceso ten poucos ingresos e recursos escasos, polo que lle volvo a pedir ao portavoz socialista que pague algún imposto no concello anque só sexa o do coche.
O vindeiro venres 21 de decembro háse celebrar no Salón de Plenos do Concello un pleno extraordinario para aprobar os presupostos xerais para o 2008, a partires das nove da mañán.
Antecedentes:
Cabe salientar que no ano 2004 o desfase aprobado ascendÃa a 1,4 millóns de euros e no exercicio 2007 computábanse uns 9000.000 euros.
No apartado de inversións, dentro do presuposto de gastos, o montante ascende a 603.495 euros. No pasado exercicio a cifra ascendÃa a 1,2 millóns de euros nos que estaban incluÃdos o obradoiro de emprego para a rehabilitación da sede da Fundación Eduardo Pondal, as obras da garderÃa municipal ou o centro socio cultural.
Actuacións que se enmarcan nos presupostos como inversión:
O proxecto está orzamentado en 375.000 euros dos que ó Concello lle corresponde afronta-lo quince por cento, uns 56.250 euros, despois de que a masa social do Corme CF aceptace cederlle o campo temporalmente ó Concello para a solicitude da axuda á Deputación.
Centro multiusos
Destiñaránse 81.079 euros para a nova anualidade do centro socio cultural e maila biblioteca municipal fronte ós 192.573 dos presupostos de 2007. Para a adquisición de fondos bibliográficos hánse reservar 1.200 e 3.000 euros.
Acceso ó colexio As Forcadas de Corme
Orzamentaráse con 30.000 euros o arranxo dos accesos ó colexio As Forcadas de Corme que na actualidade se atopan sumamente deteriorados.
Pavimentacións do POS
Sobre do 45% das inversións corresponden ó Plan de Obras e Servizos no que se inclúen melloras viarias por valor de 277.405 euros que pode ver polo miúdo premendo aquÃ.
Festas e cultura
- 6.000 euros destiñaránse para o mantemento da Fundación Pondal.
- 3.000 euros para a Fundación Torre-Pujales.
- 1.800 para as festas de Corme.
- 2.100 para A Barquiña de Ponteceso.
- 480 para a Festa do Percebe e a Motofesta.
Baixo este epÃgrafe pódense englobar a reserva de 24.000 euros para a adquisición de terreos, 20.000 euros para obras de depuración e saneamento asà coma 100.000 euros para proxectos de obras municipais.
Hai que escapar de comarcalizacións, áreas metropolitanas ou delimitacións da Costa da Morte que impidan o crecemento global da zona. A inclusión de Carballo e A Laracha na área metropolitana deixarÃa a concellos como Ponteceso, Cabana, Malpica, Coristanco ou Laxe nunha posición de menor crecemento respecto ós seus veciños.
Pola contra, aseguran defender unha unidade comarcal centrada en Ponteceso como referente en formación profesional:
Ponteceso reúne tódalas condicións: instalacións fácilmente adaptables, cercanÃa a vase tódolos puntos vitais do entorno e disposición dos habitantes do concello, ávidos de ver o seu municipio desenvolvido nun conxunto coordinado de crecemento total, escapando do separatismo.
Continúa a desputa verbal entre o PP e o PSOE de Ponteceso estes dÃas na prensa por mor do estado e reparación do Colexio Público Eduardo Pondal. Se na última ocasión os socialistas acusaban ó Concello de non facer nada pola escola agora tócalle ó alcalde respostar con todo o que se fixo polo colexio pola súa banda:
Salvo a substitución da cuberta e da carpinterÃa exterior, que correron por conta de Educación, todo o demáis afrontouse con cartos das arcas municipais: os servizos sanitarios e o alicatado do patio; a substitución da caldeira que se puxo totalmente nova; pintado de todo o centro; substitución da iluminación interior e novos puntos de luz no exterior; econdicionamento do xardÃn e zonas verdes; construcción dunha nova rampa de acceso; acondicionamento e equipamento dunha zona de xogos infantÃs e dunha pista polideportiva descuberta; novas zonas de embarque e desembarque; melloras dos accesos; reposición de portas; eliminación de zonas cheas de pedras no exterior; arranxo das oficinas xerais e de dirección.
O actual director do colexio foi cabeza de lista e concellal do PSOE durante moito tempo e el foi un dos que quixo que o mellor era facer un novo colexio porque deficiencias coma a eliminación de barreiras arquitectónicas eran imposibles de solucionar.
Antes o delegado de Educación era do PP e non do PSOE como agora. Só asà se explica este sorprendente cambio de opinión cando antes o director estaba aquà tódolos dÃas pedindo que presionaramos ó delegado porque o colexio era unha ruina e habÃa que tirar con el.
Fondo Aguiar anunciou que nos próximos dÃas ha facer públicas as cifras concretas dos cartos investidos no colexio público por parte do Concello.
O señor Santos votou a favor da urxencia cando ata o de agora era un dos comerciantes que pedÃa ó Concello que o alumeado se encendese o máis axiña posible. Eu xa non entendo nada.
Lamentamos que o PSOE local non nos teña en conta para nos remitir información nin comunicado algún polo que só podemos por os extractos que do debandito comunicado publicou a prensa no dÃa de hoxe:
En democracia ten que existir diálogo e ter en conta á oposición.
O alcalde non se aclara porque di que antes o PSOE non presentaba mocións e agora que as presenta non as contesta. Antes dicÃa que as preguntas tiñan que ser por escrito, agora son por escrito e tampouco as contesta. Ao alcalde non lle interesa que se saiba nada do Concello, nin que os veciños asistan aos plenos, por iso os puxo ás 9 da mañán.
Abandoamos o pleno porque entendemos que se non se contestan as nosas preguntas non estamos nunha democracia, estamos nunha dictadura.
Aprobouse o Plan de Obras e Servizos (POS) para o 2008 coa abstención de PSOE e BNG, ainda que se enclúen algunhas das propostas do Bloque, cos seguintes proxectos de pavimentación vial:
En Langueirón, dende a estrada xeral ata o igrexario, 52.831 euros
En Cores, camiño de Santa Cruz a estrada de Cruceiro e camiño de Fonte das Pombas, 34.214 euros
En Corme:
De Aldea do Roncudo ata zona alta de Regadiña, 52.492 euros
De A Pedra á rúa Boqueta Carril, con valado, 53.352 euros
Tramo Atalaia - estrada do Roncudo e do camiño Cruceiro a Fonte dos Ãnxeles (Brántuas), 36.520 euros
En Niñóns, camiño de Canleiro e, en Brántuas de Abaixo, camiño de Rocheira, 47.990 euros
Aprobouse a modificación dos estatutos da Fundación Eduardo Pondal por unanimidade despois de que a secretaria explicara que se trataba dunha cuestión de formas para adapta-lo regulamento á nova Lei de Fundacións de Interese Galego.
En canto ás mocións do PSOE, Fondo anunciou que as mocións e preguntas deste grupo habÃan quedar para o vindeiro pleno ordinario por teren sido presentadas o venres e non poder te-las miradas ata o dÃa de onte (chegou a asegurar que se enterou das mesmas pola prensa), reprochándolles que xa tiña advertido no pleno anterior que a oposición deberÃa presentarlle as mocións e preguntas con maior antelación a fin de darlle tempo dabondo para examinalas e prepara-las respostas. Foi entón cando os tres ediles socialistas abandoaron o salón de plenos en sinal de protesta. O portavoz do grupo, Mato Pet, declarou o seguinte:
Sobre as obras do gas en Corme e a preocupación dos veciños que xa adiantaron cartos á empresa, Fondo aclarou que a concesionaria solicitou dous permisos: un para a canalización e outro para o depósito, ámbolosdous concedidos se ben o do depósito depende agora das ConsellerÃas de Industria e Medio Ambiente.
Explicouse que as obras de sendas peonÃs e bairrarúas ata o Pinguel que está a construir a Deputación non inclúen rede de saneamento pero que o Concello prentende poñer canalización ata a curva da Agra de Lestemoño sen que sexa preciso que a obra afecte ós traballos que se están a realizar na actualidade.
Logo Villamar achegouse ó Couto para ve-las obras da que será a Futura sede da Fundación Eduardo Pondal na remozada casa rectoral e anunciou que estará listo en febreiro tras un investimento de 300.000 euros dos que 240.000 corresponden ó Plan de Dinamización TurÃstica e o resto ó Concello.